11/10/2014

A AUGA. UN RECURSO INDISPENSABLE

Este curso na clase de PRI, déronsenos a coñecer os obxectivos do Milenio. Un dos obxectivos refírese “A Auga”, imprescindible para todos os seres vivos. A pesares de ser un recurso natural de inestimable valor, no mundo existen moitas zonas onde é un ben escaso. Xa o 2003 foi proclamado “Ano Internacional da Auga Doce”, para que nós, as persoas, tomemos conciencia da importancia de realizar un uso axeitado da auga, e tamén mellorar a xestión da mesma así como de protexer as fontes de auga doce. Na asignatura de naturais empezamos a traballar neste tema, facéndonos conscientes de cómo está repartida a auga no planeta, porque aínda que as tres cuartas partes do noso planeta están cubertas de auga, só un 3% é auga doce, é só unha pequenísima parte desta porcentaxe é apta para o consumo humano. No laboratorio fixemos unha práctica: - Enchemos unha probeta de un litro, e semellaba que aí estaba contida toda a auga que había na terra, a doce é a salgada. - Logo sacamos desa probeta o 3% de auga, que correspondería a auga doce, e vertémola noutra probeta. - Volvemos a retirar da probeta anterior un 99% aproximadamente de auga que correspondería a augas conxeladas dos casquetes polares e a augas subterráneas. - Quedaba un 1% de auga que correspondería a cantidade de augas superficiais coas que conta o planeta. Metémola nun tubo de ensaio.
O que mais nos sorprendeu que de ese 1% de augas superficiais, aínda había que facer outro reparto: un 52% para lagos, un 38% humidade do solo, vapor de auga un 8%, auga dos seres vivos o 1%, e outro 1% para a auga dos ríos. Todas cantidades aproximadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario